2ª XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR NO CEIP LABARTA POSE COS ALUMNOS/AS DE 3º CICLO

O 25 de maio, o alumnado de  5º E 6º de primaria, desfrutou dunha xornada de convivencia deportiva xunto co alumnado do Ceip Labarta Pose, en Baio. De 10:20 a 13.00 os alumnos/as  do Ceip San Vicenzo, divididos en catro  equipos, e os os alumnos/as  de 5º e 6º de primaria do Ceip Labarta Poses, xogaron ao balonmán, ao brilé, ao fútbol e ao baloncesto. Foi unha xornada deportiva magnífica, onde ademais de facer moito deporte, os/as nenos/as participantes fixeron novos/as amigos/as. Noraboa a todos/as polo magnífico comportamento deportivo mostrado e esperamos repetir para o vindeiro curso, e como non, gracias aos/ás alumnos/as e profes do Ceip Labarta Pose por ser uns fantásticos anfitrións. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

DIVERTÍMONOS CO ACROSPORT!

XORNADA CONVIVENCIA DEPORTIVA CO ALUMNADO DO CPI DE ZAS