Entradas

CAMPO A TRAVÉS -CAMPIONATO COMARCAL

Imagen
    O pasado venres 16 de decembro, celebrouse o campionato comarcal de campo a través. Como ven sendo habitual nos últimos anos, a proba tivo lugar no Estadio Municipal San Paio Refoxo de  Cee . Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as 65 alumnos/as representantes do Ceip San Vicenzo desfrutaron practicando este magnífico deporte. Todos/as competiron de maneira fantástica esforzándose ao máximo dende o primeiro ata o último metro da carreira. Foi  unha gran expericiencia para todos/as eles/as na que ademais de correr tiveron a ocasión de facer novos/as amigos/as doutros colexios ou clubs de atletismo. Todos/as, dende o/a primeiro/a ata o/a último/a clasificado/a, son gañadores polo simple feito de participar e esforzarse ao máximo dentro das súas capacidades.    En canto aos resultados, temos que destacar que se clasificaron para a seguinte carreira Lucía Roget Blanco (alumna de 6ºB), Ousmane Sarr (alumno de 5ºA) e Valentín Arias Parga (alumno de 3ºA).  Es

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO 2016

Imagen
O venres 18 de outono celebramos o Magosto no colexio. Ademais levamos a cabo un campionato de peóns por ciclos. No campionato cada alumno xogaba contra un adversario, e gañaba o que conseguía bailar durante máis tempo o peón. Déronse premios ao campión e subcampión de cada ciclo. Por outra banda, e como tódolos anos, déronse os premios ós peóns mellor decorados. O máis importante e que todos/as pasámolo xenial nun ambiente festeiro, comendo castañas  e divertíndonos xogando ó peón. 
Imagen
XORNADA DE ACHEGAMENTO AO TENIS DE MESA Durante a mañá do 3 de outono, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria puido achegarse ao magnífico e divertido deporte do tenis de mesa.Na súa hora de educación física, o alumnado destes cursos, recibiu unha clase práctica por parte dos monitores do clube de tenis de mesa  AD Zas .Dende aquí queremos darlle as grazas polo ben que nos explicaron como se xoga a este deporte e tamén queremos animarvos a todos/as a que practiquedes o tenis de mesa.