CAMPO A TRAVÉS -CAMPIONATO COMARCAL

    O pasado venres 16 de decembro, celebrouse o campionato comarcal de campo a través. Como ven sendo habitual nos últimos anos, a proba tivo lugar no Estadio Municipal San Paio Refoxo de Cee. Cunha climatoloxía perfecta para a práctica do atletismo, os/as 65 alumnos/as representantes do Ceip San Vicenzo desfrutaron practicando este magnífico deporte. Todos/as competiron de maneira fantástica esforzándose ao máximo dende o primeiro ata o último metro da carreira. Foi  unha gran expericiencia para todos/as eles/as na que ademais de correr tiveron a ocasión de facer novos/as amigos/as doutros colexios ou clubs de atletismo. Todos/as, dende o/a primeiro/a ata o/a último/a clasificado/a, son gañadores polo simple feito de participar e esforzarse ao máximo dentro das súas capacidades.
   En canto aos resultados, temos que destacar que se clasificaron para a seguinte carreira Lucía Roget Blanco (alumna de 6ºB), Ousmane Sarr (alumno de 5ºA) e Valentín Arias Parga (alumno de 3ºA).  Estes tres nenos representarán o noso colexio na seguinte carreira, que se celebrará  en Serra de Outes. En Vimianzo estamos moi orgullosos dos seus éxitos.





































A seguinte carreira levouse a cabo o 27 de xaneiro. Dos clasificados mencionados anteriormente, participaron Ousmane Sarr (alumno de 5ºA) e Valentín Arias Parga (alumno de 3ºA). Aínda que as condicións metereolóxicas non nos acompañaron, pasámolo xenial.









En Vimianzo estamos moi orgullosos dos seus éxitos. Dende aquí queremos darlle a noraboa polos magníficos resultados acadados e deserxarlles moita sorte para os vindeiros anos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DIVERTÍMONOS CO ACROSPORT!

2ª XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR NO CEIP LABARTA POSE COS ALUMNOS/AS DE 3º CICLO

XORNADA CONVIVENCIA DEPORTIVA CO ALUMNADO DO CPI DE ZAS