BÁDMINTON - CAMPIONATO COMARCA ALEVÍN 2016-17



      O pasado 4 de abril, 20 alumnos/as de 5º e 6º de primaria do Ceip San Vicenzo, desprazáronse á Serra de Outes para disputar a primeira fase do campionato comarcal escolar alevín de bádminton da zona de Noia. A proba disputouse en horario de 10.00 a 13.30. Tanto os xogadores da categoría masculina, coma os da categoría femenina tiñan que xogar 3 partidos. Os nosos representantes masculinos foron: Julián Blanco Andrade, Ousman Sarr, Mauro Calzas Moreira, Joel Rojo López, Luís Gabriel Touriñán Silvarredonda, Issac Varela Gándara, Samuel Rodríguez Regueira, Erick Rodríguez Pequeño, Diego Fernández Trillo y  Samuel Suárez García. Por outra banda, as nosas representantes femininas foron: Paula Andújar Paz, Nuria Castelo Ramos, Manuela Villar Miñones, Claudia Roget Antelo, Sharay Caamaño Oanes, María Mas Baña, Daniela Lema Touriñán,  Lucía Roget Blanco, Paula Pérez Espasandín y Alexandra Romero Pais.

 Os partidos disputábanse ao  mellor de 21 puntos.Os/as nosos/as xogadores/as disfrutaron dunha tarde deportiva practicando bádminton e mostrando o seu bo nivel de xogo, o que os/as levou a colleitar uns magníficos resultados. Clasificáronse para a próxima eliminatoria os seguintes alumnos/as:

-          Julián Blanco Andrade
-          María Mas Baña,
-          Lucía Roget Blanco,
-          Paula Pérez Espasandín
-          Alexandra Romero Pais.

-          Sharay Caamaño Oanes.

A seguinte eliminatoria da fase comarcal levouse a cabo o 27 de abril. Estes alumnos/as xogaron a un altísimo nivel, e o que é máis importante, disfrutaron practicando actividades física e socializándose con outros nenos/as doutros colexios. 
Dos alumnos/as participantes, mencionados anteriormente,  clasificáronse para a fase final do campionato galego de bádminton dúas alumnas, Lucía Roget Blanco e María Mas Baña, as cales se desprazaron coa súa familia o 13 de maio ó pavillón Municipal de Serra de Outes.




Comentarios

Entradas populares de este blog

DIVERTÍMONOS CO ACROSPORT!

2ª XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR NO CEIP LABARTA POSE COS ALUMNOS/AS DE 3º CICLO

XORNADA CONVIVENCIA DEPORTIVA CO ALUMNADO DO CPI DE ZAS