LIGA DE BRILÉ DE 2º CICLO
Ao longo deste curso escolar celebrouse a liga de brilé de 2º ciclo de educación primaria. Cunha partipación moi numerosa, os/as nenos/as desfrutaron durante os recreos desta magnífica actividade deportiva, coa que aprenden valores tan importantes para a vida como son :
- TOLERANCIA: Cada un de nós é diferente aos demais.
- SUPERACIÓN: Para acadar as miñas metas.
- DISCIPLINA: Para cumplir cos meus deberes.
- SAÚDE: Facendo deporte, síntome mellor.
- XOGO LIMPO: Respectamos as regras.
- AUTONOMÍA: Tomo as miñas decisións.
- NOBREZA: O deporte, unha escola de vida.
- AUTOESTIMA: Eu podo facelo.
- ESFORZO: Afán de mellorar.
- IGUALDADE: Todos temos os mesmos dereitos.
- INTEGRACIÓN: Amizade, compañeirismo, formar parte dun colectivo.
- TRABALLO EN EQUIPO: Axudarnos para mellorar xuntos.
- RESPONSABILIDADE: Coidar o material é cousa de todos.
- SOLIDARIEDADE: Dende o deporte, podo axudar a outros.
- RESPECTO: Cara a ti, cara a eles, cara a min.
- NON VIOLENCIA: É mellor dialogar.
- DIVERSIÓN: O deporte é un xogo.
En total foron 7 equipos compostos por xogadores/as mesturados/as de 3º A, 3º B, 4º A e 4º B :
- RUSCA LOS MEJORES
- LOS BRILADORES
- REBELDES EN ACCIÓN
- SUPERBOMBA
- LOS TOROS
- LAS BOMBAS EXPLOSIVAS
- PEQUEÑOS GIGANTES
FALTA O NOME DOS EQUIPOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A competición celebrouse baixo o formato de liga. Da arbitraxe encargábanse os/as propios/as nenos/as (dos equipos que non xogaban ese día).
Noraboa a todos/as por participar e por competir tan ben. O vindeiro ano máis e mellor e RECORDADE QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DIVERTIRSE E APRENDER XOGANDO XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.A seguir facendo deporte!.
Comentarios
Publicar un comentario