XORNADA CONVIVENCIA DEPORTIVA CO ALUMNADO DO CPI DE ZAS



O pasado 6 de abril, o alumnado de  3º e 4º curso desfrutaron dunha mañá de deporte conxuntamente co alumnado do Ceip Labarta Pose.Dende as 10:00 ata as 13.00, todos/as os/as alumnos/as de 3º e 4º organizados en catro equipos, xogaron (en partidos de 20 minutos de duración) contra os equipos do Ceip Labarta Pose ao brilé, balonmán, fútbol e baloncesto. Nunha mañán con moita calor, os/as participantes desfrutaron da práctica deportiva ao mesmo tempo que fixeron novos/as amigos/as.Temos que destacar que o comportamento de tódolos/as participantes foi exemplar. . Dende aquí queremos darlle as grazas ao alumnado  a aos mestres/as do Ceip Labara Pose por desprazarse ata o noso centro e facer así posible esta xornada de convivencia deportiva na que tan ben o pasaron os/as nenos/as.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DIVERTÍMONOS CO ACROSPORT!

2ª XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR NO CEIP LABARTA POSE COS ALUMNOS/AS DE 3º CICLO